A Asociación de Veciños de Eduardo Pondal renova directiva e terá como presidenta a Begoña Mallo
Por Redacción
A Asociación de Veciños de Eduardo Pondal renovou a súa xunta directiva para os vindeiros tres anos. Durante unha asemblea extraordinaria que se celebraba durante este xoves 9 de maio, os asistentes decidiron incorporar a sete novos integrantes nesta directiva e renovar algúns dos principais cargos.
Desta forma, a única candidatura presentada foi avaliada pola unanimidade da asemblea de asociados. Begoña Mallo Rey será a nova presidenta ocupando o cargo a Luís Carballo, que continuará na directiva como vogal.
O secretario será Pedro Meilán e o posto de tesoureiro vaino ocupar o ex secretario comarcal da CIG en Pontevedra, Rafael Iglesias. Estarán acompañados por 10 vogais. A nova xunta directiva contará con cinco mulleres e oito homes.