Sanxenxo lembra que a seguridade viaria nas contornas escolares depende de toda a cidadanía
Por Redacción
Coa idea de transmitir a mensaxe de que a seguridade nos arredores dos centros escolares é unha responsabilidade de todos desenvolveuse en Sanxenxo unha campaña de educación viaria que promove o Real Automóbil Club de España (RACE) dentro das actividades que se desenvolven con motivo da Semana Mundial da Mobilidade das Nacións Unidas.
Sanxenxo do mesmo xeito que Pozuelo de Alarcón, Roquetas de Mar e Málaga foron os municipios escollidos para levar a cabo esta campaña na que se sensibiliza sobre os comportamentos inadecuados que realizan os adultos ao aparcar en dobre fila, cruzar incorrectamente, non respectar o que indican os semáforos ou ao non usar as cadeiras infantís.
En Sanxenxo repartíronse kits de patrulla escolar con chalecos reflectores e sinais para indicar cando facer stop e cando se debe pasar e trípticos informativos con consellos para que os escolares trasládenos ás súas casas.
Desta forma desenvolvéronse tamén catro talleres nos que participaron integrantes da Policía Local, de Bombeiros e dos equipos de emerxencias.