Libera pide que non se criminalicen razas caninas tras o ataque dun American Stafford a un Jack Russell Terrier
Por Redacción
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber reclaman que non se "criminalice" a determinadas razas de cans, despois do incidente que se producía durante as últimas horas na rúa Mestre Soutullo de Pontevedra cando un American Stafford, un cánido potencialmente perigoso, atacaba brutalmente un pequeno Jack Russel Terrier, unha acción que xerou, segundo os colectivos animalistas, unha "expectativa de perigosidade".
Lembran que para ter determinadas razas de cans é necesario cumprir cunha serie de requisitos como dispoñer dunha licenza municipal que se pode obter coa superación dun exame psicotécnico xunto cun certificado de carencia de antecedentes penais, ademais da subscrición dun seguro de responsabilidade civil. E tamén se obriga a que circulen con bozo e unha correa de curta distancia.
Estes colectivos defensores dos animais afirman que existe unha falsa crenza sobre a perigosidade destes cans cando a meirande influenza sobre o comportamento procede das propias persoas e das "modas" que, segundo explican, fomentan un comercio irregular destas razas.
Ante esta situación, Libera! e FFW piden ás administracións públicas que eliminen esa falsa imaxe de agresividade nos animais e fomenten unha convivencia responsable.
Alertan de que este tipo de incidentes son "ínfimos" en Galicia e por este motivo, entenden que é innecesario un reforzo de medidas normativas e reclaman que a Xunta e o Concello de Pontevedra leven a cabo accións preventivas pedagóxicas.
Relacionadas:
-
Acaba en urxencias tras o ataque dun dóberman solto e sen boceira en Barcelos
Por Natalia Puga |
-
Un can de raza potencialmente perigosa sen bozo nin correa ataca outro can na Alameda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Un can perigoso ataca violentamente outro de pequeno tamaño provocando unha sangría na rúa Mestre Soutullo
Por Anxo Lourido |