Xornada de portas abertas no viveiro de empresas de Barro
Por Oskar Viéitez
As persoas participantes no programa de emprendemento da Deputación de Pontevedra amosaron este mércores na xornada de portas abertas do viveiro de empresas de Barro as súas propostas para lanzar ao mercado.
Escolleuse un formato de feira-exposición con unha serie de postos nos que se expuxeron contidos atractivos, útiles e orixinais en tema de ocio, cultura, turismo e sustentabilidade.
O evento estaba dirixido a todos os públicos e, especialmente, a particulares, familias, institucións e profesionais dos sectores de referencia que tivesen interese en coñecer ofertas innovadoras.
Na Feira Exposición de Barro participaron 20 empresas: Tribu Aventuras, Mundo Escénico, Huella Menguante, Rooteiro, Lia B, Adriana Touriño, A Batea do Mercado, Prixma, Idigal, Damaso Consulting, Culebra Studio, Pasaporte Rural, A Casa da Carballeira, Xacobleas, Marketing con Iris, Herbas do Crego, Dedicate Home, Jose Gadea Studio, Xouxere e Material de fisioterapia online.