O Sergas garante a continuidade do Servizo de Pediatría de Cuntis e Moraña
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde (Sergas), a través do xerente da área sanitaria de Pontevedra, José Ramón Gómez, asegurou que non existe ningún cambio no Servizo de Pediatría que comparten os Concello de Cuntis e Moraña, e garantiu a praza e a mesma prestación do servizo no futuro.
Esta información foille transmitida directamente á alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, que quixo confirmalo para dar resposta "ás acusacións públicas e o ruxeruxe levantado lamentablemente pola oposición de Moraña".
Luisa Piñeiro lembrou que, tras reanudarse o servizo o pasado mes de decembro despois de que se suspendera temporalmente durante case dous meses pola falla de profesionais estrutural que afecta a toda España, "todos os parámetros indican que mellorouse aínda máis a atención aos cativos e funciona de xeito óptimo".