Rozan e limpan de maleza o perímetro do encoro da Baxe
Por Redacción
O perímetro do encoro da Baxe, que abarca os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, é obxecto dun profundo lavado de cara.
Os traballos de conservación e limpeza están a ser executados pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia.
As obras, que se realizan no treito interurbano do río Umia, centraranse na xestión da biomasa dentro da zona e comprenden traballos de roza nas beiras dos camiños perimetrais e de mantemento das zonas de plantación.
O goberno galego desenvolve estas accións no marco do programa de conservación, mantemento e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia-Sur e as súas zonas de acceso e protección.
Relacionadas:
-
Caldas retira as plantas exóticas invasoras na contorna do Umia
Por Redacción |
-
Os niveis de cianobacterias no encoro de Caldas volven á normalidade
Por Redacción |
-
Inicio das obras de reforma da depuradora de Paradivas para evitar a proliferación de algas no encoro de Caldas
Por Redacción |
-
A Xunta asegura que "nunca" houbo toxina no encoro do Umia
Por Redacción |
-
O "Triángulo do Umia", un ambicioso proxecto de lecer para dinamizar a contorna do encoro
Por Oskar Viéitez |