A saída cara Sanxenxo desde a Autovía do Salnés xa ten nova iluminación
Por Redacción
Ata 14.000 euros vén de investir a Xunta de Galicia nos traballos para repoñer o alumeado público no enlace de saída cara Sanxenxo desde a Autovía do Salnés, a AG-41.
A intervención, que foi contratada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, consistiu na extensión de 250 metros de cable para alimentación eléctrica e a reposición de 70 lámpadas LED nas luminarias existentes.
Os traballos realizáronse de xeito coordinado co Concello de Sanxenxo, que a partir de agora asumirá o mantemento e a conservación desta instalación
Esta actuación resolve as carencias de iluminación que había neste punto, xa que o alumeado público non funcionaba ao non dispor dos cables axeitados e a maioría das lámpadas non eran eficientes enerxeticamente.