Curro quere recadar máis de 6.300 quilos de alimentos na VII Gala Solidaria a favor de Amigos de Galicia
Por Redacción
A Comunidade de Montes de Curro e Salnés Espectáculos volverán celebrar a Gala Solidaria que acada xa a súa sétima edición. Baixo o título de 'Música por Alimentos', a organización destinará os alimentos que se recaden á Fundación Amigos de Galicia. A cita será este domingo 12 de maio.
As persoas que queiran asistir deberán entregar un quilo ou un litro de alimentos non perecedoiros, que irán destinados a familias que se encontren atravesando unha situación de dificultade económica na comarca de Pontevedra. Agradécese especialmente a aportación de leite, cereais de almorzo ou alimentos infantís. Tamén se fai unha especial mención á necesidade de produtos sen gluten para atender a menores celíacos ou con outras necesidades especiais para a súa alimentación.
A Comunidade de Montes de Curro, do municipio de Barro, agarda superar os 6.274 quilos obtidos durante a Gala de 2018. O evento comezará ás 16.30 horas con animación, inchables e actividades para escolares.
A partir das 17.30 horas, a música será a protagonista coa actuación das orquestras Olympus, Finisterre e Passarela.
Relacionadas:
-
Regresa a Curro a gala solidaria 'Música por alimentos' coa súa oitava edición
Por Redacción |
-
Amigos de Galicia pide a implicación cidadá para recoller 500 litros de leite este sábado
Por Redacción |
-
Os comuneiros de Curro recadan case 19.000 quilos de alimentos nunha gala solidaria
Por Redacción |