Combarro, candidata a converterse en Destino "Family-Friendly"
Por Oskar Viéitez
A plataforma HomeAway, experta en aluguer vacacional, lanza a segunda edición da iniciativa Destinos "Family-Friendly" España e presenta os candidatos de 2019 en cada unha das categorías: Costa, Urbano e Rural.
A localidade de Combarro foi seleccionada para converterse nun dos destinos nacionais preferidos polas familias para as vacacións.
Así Combarro é a única localidade galega que compite na categoría de Praia onde tamén foron seleccionadas Ribadesella (Asturias), Peñíscola (Castelló), Fuenterrabía (Guipúscoa), Fornells (Menorca) e Chiclana de la Frontera (Cádiz).
A elección dos gañadores realizarase mediante votación online a través da páxina web de esta plataforma e engloba a un total de 18 candidatos elixidos previamente a través das redes sociais da plataforma.
As votacións terminarán antes das 10:00 horas do 27 de maio.