RADIO.- 'Borderlands 3' e 'Days Gone', a xuizo dos gamers de 'A gruta de Gizamaluke'
Por Redacción
A gruta de Gizamaluke trae un engadido especial esta semana. Ese engadido é para ti se participas na proposición que fai Carlos Pereiro. En que consiste? avanzámosche que che leva un premio para a persoa máis rápida.
Epic Games está na actualidade da sección 'Que pasa non mundo' por varias frontes. Por exemplo o evento que programara durante a pasada fin de semana en 'Fortnite' coa destrución de 'Picos Picados' e o anuncio da adquisición de 'Psyonix', o estudo de Rocket League. E falando da última fin de semana non queda fóra de A gruta de Gizamaluke a celebración do día de Star Wars porque 'For Honor' actualizouse por sorpresa e transformaba as armas dos xogadores en sabres láser de cor vermella, azul e verde.
Tamén hai actualizacións dalgún título e algúns anuncios de novidades. Para máis datos, non hai máis que escoitar a Carlos Pereiro, Ana Beloso e Juan Sanmartín neste programa de PontevedraViva Radio. Sanmartín ademais ofrece un detalladísimo análise de 'Days Gone' con todas as súas virtudes e defectos. E 'Borderlands 3' de forma coral, pasa polo filtro de A gruta de Gizamaluke.
Relacionadas:
-
RADIO.- 'A Plague Tale: Innocence', os protagonistas inocentes a análise en 'A gruta de Gizamaluke'
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Entérate do que tes que saber sobre o remake de 'Final Fantasy VII'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Yuppie Psycho', un videoxogo desenvolto en Galicia, a análise na Gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke recolle varios lanzamentos da industria do videoxogo
Por Redacción |