Rouba gasóleo dos depósitos de varios camións estacionados nunha empresa de Pontevedra
Por Redacción
A Policía Nacional a un home 36 anos de idade natural da Coruña como presunto autor dun roubo con forza por levarse gasóleo dunha empresa de Pontevedra. Ten antecedentes policiais por feitos similares e xa pasou a disposición xudicial por estes feitos.
Os feitos remóntanse ao 20 de maio. O encargado dunha empresa de Pontevedra interpuxo unha denuncia na Comisaría na que relataba que alguén cortara o enreixado metálico do recinto para entrar e forzar o tapón dos depósitos de combustible dos camións que se encontraban alí estacionados. Apoderouse duns 70 litros de gasóleo.
Unha semana antes, o 13 de maio, a Policía Nacional tivera constancia doutro roubo levado a cabo no mesmo recinto onde o presunto autor co mesmo modus operandi substraeu 60 litros do interior do depósito dunha furgoneta, ademais de derramar outros 40 litros aproximadamente.
A raíz da denuncia os axentes iniciaron as investigacións para tratar de identificar o autor dos feitos. Foi detido o 12 de xuño sobre as 09.30 nas inmediacións da rúa Juan Bautista Andrade.