O PP de Moraña promete a creación dunha área recreativa e de lecer na Pontenova
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Moraña e aspirante á reelección, Luisa Piñeiro, fixo un anuncio electoral este xoves coa proposta de creación dunha gran área recreativa e de lecer na contorna da Pontenova.
Esta actuación é unha das grandes propostas do seu programa e Luisa Piñeiro dixo que xa ten avanzada parte da súa consecución a través de diversos contactos coa Consellería de Medio Ambiente, que é a propietaria dos terreos dende que foron expropiados para a construción do encoro.
A idea do PP é acondicionar as marxes e zonas verdes da Pontenova para favorecer o paseo e outras actividades de lecer.
Así mesmo, no marco desta actuación tamén se contempla a rehabilitación integral da Ponte Briones, que une o concello co veciño termo de Cuntis, tamén conseguindo fondos da Xunta, posiblemente da Consellería de Cultura e Turismo.