A Xunta colaborará cos varios concellos para mellorar infraestruturas turísticas
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Cultura e Turismo aportará unha axuda económica aos concellos de Sanxenxo, O Grove, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Bueu, Poio e A Lama, para a execución de proxectos de mellora de infraestruturas turísticas destes municipios.
A través desta liña de subvencións o concello de Sanxenxo levará a cabo un proxecto de mellora da accesibilidade e protección dunar nas praias, cun investimento global de 48.378 euros dos cales 31.445 corresponderán a aportación da Xunta de Galicia.
O Grove, pola súa banda, embelecerá o acceso as salgadeiras de Moreiras, cun proxecto de 41.400 euros, para os que recibirá 26.910 da administración autonómica.
Moraña destinará 52.895 euros para a sinalización de bens e embelecemento do contorno do patrimonio histórico-cultural, para o que recibirá dentro desta liña de axudas un total de 34.381 euros.
O concello de Campo Lameiro levará a cabo un proxecto de adecentamento do entorno do conxunto de horreos e humanizará o acceso ao núcleo urbano, cun investimento global de 21.504 euros dos cales 13.977 corresponderán a aportación da Xunta de Galicia.
A Lama sinalizará e recuperará o entorno da estatua do Conde de Cabanelas, cun proxecto de 48.397 euros, para os que recibirá 31.458 da administración autonómica.
Bueu destinará 43.341 euros para a mellora da accesibilidade ás praias de Petís e Pescadoira, para o que recibirá dentro desta liña de axudas un total de 28.171 euros.
Cerdedo-Cotobade recuperará o camiño e a contorna das augas da Freixa a través dun proxecto de 44.919 euros, dos cales 29.197 procederán da Consellería de Cultura e Turismo.
O concello de Poio soterrará as liñas eléctricas de baixa tensión e o alumeado no entorno da igrexa de San Roque en Combarro, para o que se porá en marcha un proxecto de 48.189 euros (31.322 euros correspondentes á subvención).
Finalmente, o concello de Marín instalará barandas de protección nos areais do tramo entre Mogor-Aguete, contando cunha axuda de 24.385 euros para unha inversión global de 37.516 euros.