Cuntis informa do tratamento contra o "cancro" dos castiñeiros
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay, acaba de publicar un bando co que pon en coñecemento de toda a cidadanía dunha campaña da Consellería do Medio Rural para asegurar o bo estado de saúde dos castiñeiros do municipio.
O chancro ou cancro do castiñeiro é producido por fungos que se introducen na árbore aproveitando calquera ferida, pois o fungo é incapaz de superar a cortiza. Despois, propágase rapidamente, chegando a causar a morte do castiñeiro.
Medio Rural ofrece un novo tratamento contra o cancro destas árbores. Para facerse co inóculo, os interesados deben encher un impreso no que fagan constar os datos persoais do demandante e información sobre a localización da parcela.
O municipio de Cuntis é un dos principais produtores de castaña de Galicia, polo que esta campaña será de gran interese para moitos veciños.
As solicitudes deben enviarse ao correo electrónico: sanidadeforestal.cmrm@xunta.es ou a través dos seguintes números de teléfono: 981 546 051 ó 881 997 210