O Grove mellora os bombeos do Espiño aportando máis caudal e presión de agua
Por Redacción
Xa están completados os traballos de mellora dos bombeos do Espiño. Esta obra, xunto coa mellora da tubaxe que conecta Balea Marítima con Balea permitirá aportar máis caudal de auga e, polo tanto, maior presión durante os meses de verán.
Trátase dun problema que se arrastra dende hai anos e que supoña incluso falta de abastecemento na zona de Reboredo.
O problema requiriu de varias actuacións en canto a tubaxes e plantexamento do circuíto que agora se completan coa mellora dos bombeos.
O investimento de 70.000 euros neste punto permite que se distribúa mellor e con máis presión a auga a tres zonas diferenciadas: San Vicente, San Vicente do Mar e a zona de Balea e Reboredo.