Os celadores denuncian que a "parálise" das listas de contratación do CHOP "empeora a asistencia aos pacientes"
Por Oskar Viéitez
Arredor de medio centenar de celadores concentráronse este xoves ante Sede da Xunta en Pontevedra para reclamar que se contrate persoal á Consellería de Sanidade.
O persoal eventual do Sergas lamentou o "escaso eco" que encontran nas súas reivindicacións polo que estes traballadores vinculados á Área Sanitaria Norte pediron entrevistas co Delegado Territorial da Xunta, co Presidente da Deputacion e o Alcalde de Pontevedra para expoñer o seu problema e "sumar apoios".
Insisten na "parálise" das listas de contratación do complexo hospitalario pontevedrés (CHOP) que aseguran "tamén fai que empeore a asistencia aos pacientes", afirmou a coordinadora da Plataforma de celadores, Teresa González,
Esta voceira explicou que o recorte experimentado na contratación de persoal eventual está a ser compensado con "a mobilidade entre servizos" e sobre todo cun incremento de horas extra nos traballadores fixos "non queremos os dobres xornadas", dixo "non se cobren as ausencias e teñen que asignarse".
Nas listas de contratación de Pontevedra hai inscritos case 600 celadores dos cales, segundo Teresa González, máis de 500 non están a traballar nestes momentos.
Apuntan dende este colectivo que dende o mes de maio do ano 2010 se reduciu un 80% a contratación de celadores no CHOP e que "dende novembro do pasado ano se asinaron medio centenar de contratos".
Os celadores reivindicaron que "a pesar de non ser persoal sanitario xogamos un importante papel dentro do sistema de saúde formamos parte da engrenaxe da sanidade pública e ao igual que outro persoal de xestión e servizos", dixo Teresa González non obstante "padecemos máis, bastante máis os recortes e falta de contratación que outros colectivos como o de médicos ou enfermaría".
Relacionadas:
-
Os celadores manifestanse nas proximidades do Hospital para reclamar contratacións ao SERGAS
Por Redacción |
-
Os celadores retoman as mobilizacións ante a falta de contratación no CHOP
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Concentración de celadores ante a delegación de Sanidade
Por Redacción |
-
Os celadores do CHOP protestan contra os recortes na contratación de persoal
Por Diego Espiño |