A franquicia pontevedresa abre La Tortillita de Preciados
Por Oskar Viéitez
Este xoves inaugúrase un novo establecemento de La Tortillita, no número 34 da rúa Preciados, en Madrid.
A Tortillita é unha empresa de franquicias formada por dous socios: Gerardo Muñoz e Manuel Valenzuela. Empezou a funcionar cun proxecto piloto situado en Pontevedra, foi en plena crise, en novembro do ano 2010.
Manuel Valenzuela (Pontevedra, 1975), estudou no Centro Superior de Hostalaría de Santiago de Compostela e durante 8 anos rexentou unha franquicia nacional e internacional en Pontevedra. Pouco despois fundaría un restaurante propio de alta cociña. Pola súa cabeza, non obstante, xa empezaba a roldar a idea de "españolizar o fast-food".
De trasladar o "oído cociña" aos despachos se encargo o seu amigo, e agora tamén socio, Gerardo Muñoz (Madrid, 1976), licenciado en Administración e Dirección de Empresas.
O éxito conseguido en Pontevedra co seu primeiro local, abriu as portas a novas oportunidades en Vigo, Salou e dende hoxe tamén en Madrid.
O establecemento da céntrica rúa madrileña dará traballo a dez persoas dispostas a cociñar e servir as tortillitas, fingers, ensaldas e os ovos rotos máis especiais. Durante estes primeiros días, camareiros e cociñeiros contarán co asesoramento de dous profesionais de Pontevedra, Mayte e Maki.
A Tortillita abre en Madrid despois de que Daniel e Marta coñecesen a franquicia por internet. "Tanto el diseño que vimos de primeras como el producto, la idea de servir tortillas, algo tan básico en nuestra cultura gastronómica, nos gustó mucho", comenta Marta. "Fuimos rápido a Pontevedra. Lo que vimos nos encantó. Creemos que el producto va a tener suficiente acogida como para ser los primeros en apostar por esta franquicia", agrega.
Encravada na rúa máis transitada de España, estes novos empresarios están seguros de que esta franquicia terá unha grande acollida entre os madrileños e os turistas. "Vamos a estar en una zona en la que abarcaremos varios sectores. No sólo hay turismo, es un lugar en el que también compramos los madrileños y de actividad empresarial. Verdaderamente, la calle es una bendición".