Cae unha árbore na entrada do instituto Castro Alobre
Por Oskar Viéitez
O vento derrubou este xoves un álamo de dez metros de altura que se atopaba no interior do recinto do instituto Castro Alobre, en Vilagarcía.
O suceso tivo lugar un pouco antes das dúas e media da tarde, cando xa concluíran as clases e saíran os alumnos deste centro de ensino secundario.
As ramas golpearon a dous vehículos, un estaba estacionado mentres que o outro circulaba pola rúa San Roque nese momento. Os seus ocupantes foron atendidos no Punto de Atención Continuada, pero o seu estado non reviste gravidade.
Emerxencias tallou o tronco desta árbore oara poder retiralo, mentres a Policía Local cortou ao tráfico uno dos carrís de circulación para facilitar o desenvolvemento destes traballos.