Preto de 7.000 euros para mellorar a atención turística de Cuntis
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobaba este xoves a concesión dunha axuda de preto de 7.000 euros para que o Concello de Cuntis contrate a un técnico de turismo durante seis meses para traballar na atención aos visitantes
O Concello, ata o momento, conta cun só traballador nesta área, que tiña que facer fronte a saídas e visitas guiadas con grupos de turistas e, por este motivo, a oficina de turismo tiña que permanecer pechada durante unhas horas.
A incorporación dun novo técnico realizarase de forma inmediata e permitirá mellorar a atención agora que a axenda cultural vaise a intensificar con novos eventos. A partir dese momento, mentres un realiza acompañamentos coas visitas aos turistas, o outro quedará na oficina para ofrecer indicacións e repartir folletos aos visitantes.