Xosé Benito Gama, presidente do PSOE local, será homenaxeado o 30 de abril pola UXT e a Fundación Luís Tilve
Por Redacción
Con motivo dos actos de conmemoración do Primeiro de Maio, a comisión executiva da Unión Comarcal de UXT Pontevedra, Arousa e Deza, en colaboración coa Fundación Luís Tilve decidiu organizar unha cea para render homenaxe ao presidente do Partido Socialista en Pontevedra, Xosé Benito Gama.
O acto desenvolverase o vindeiro martes 30 de abril, na véspera do Primeiro de Maio, ás 22.00 horas, no restaurante Casa Digna. O veterano dirixente foi durante un período secretario comarcal de UXT en Pontevedra e, aos seus 78 anos, continúa activo na política xa que será o encargado de pechar a lista da Agrupación Municipal Socialista ás eleccións á alcaldía do 26 de maio.
Benito Gama pertence a unha familia de esquerdas, que foi represaliada pola ditadura. No ano 78 afiliábase á UXT, despois de anos de militancia antifranquista e clandestinidade, formando parte da primeira executiva comarcal desta central sindical.
Gama tamén foi concelleira na corporación municipal de Pontevedra, entre os anos 83 e 87. Foi ademais, secretario xeral da Agrupación Municipal Socialista e artífice do Premio de Xornalismo Luís Tilve.
Aquelas persoas que desexen participar en céaa homenaxe poderán inscribirse, antes do 30 de abril, a través da Unión Comarcal de UXT en Pontevedra, a través do teléfono 986.858.451 ou na Agrupación Municipal do PSOE (teléfono 986.843.704).