Vinte contenedores de plástico máis para Moraña para completar a rede de reciclaxe
Por Redacción
O goberno local de Moraña anunciou que completará nas próximas semanas a rede de reciclaxe selectiva de envases lixeiros e plásticos no municipio. A veciñanza poderá contar con contedores amarelos para realizar a correcta separación de lixo.
Para acometer esta ampliación, o Concello adquirirá un novo pedido de vinte contedores, entre amarelos e verdes, para deixar definitivamente cuberto todo o territorio.
Destinaranse ao redor de 4.000 euros para esta finalidade, entre fondos propios e unha partida procedente da Xunta de Galicia. Desta forma completarase toda a rede, unha vez que, entre finais de 2018 e comezos do presente ano, instalásense 62 novos depósitos de lixo, 55 para plásticos e envases lixeiros e 7 iglús para material de papel-cartón.
Desta forma, sinalaba a alcaldesa Luisa Piñeiro xunto a cada contedor verde haberá un de cor amarela para que os residentes poidan realizar de maneira óptima a selección de residuos.
Tamén se emprenderá de inmediato unha terceira fase do plan de compostaxe doméstica. Na actualidade 50 familias de Moraña participan nesta iniciativa. E o Concello xa solicitou 25 composteiros a Sogama para entregar aos solicitantes.
Segundo os datos de Ecoembes, no últimos cinco anos, o municipio aumentou un 15% a reciclaxe de envases lixeiros e plásticos e un 32% o de papel e cartón.