Rafa Domínguez advirte que o peche de ENCE sería "catastrófico" para Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O candidato do PP á Alcaldía, Rafa Domínguez, advertiu que un hipotético peche da fábrica que Ence ten en Lourizán sería "catastrófico" para o "principal problema" que aprecia en Pontevedra, os niveis de desemprego.
En rolda de prensa, Domínguez sinalou que a Boa Vila está nunha situación "grave" ante a falta de emprego e co peche da pasteira poñeríase en risco, dixo, a "estabilidad económica" da cidade, ao afectar a unhas 800 familias da comarca.
O dirixente popular lembrou que os traballadores se están mobilizando "allá donde pueden" para defender os seus postos de traballo e lamentou que "no les reciban" nin o alcalde de Pontevedra nin o presidente do Goberno porque "lo mínimo que merecen es diálogo y comprensión".
Rafa Domínguez adiantou que este venres participará na manifestación dos traballadores de Ence, xunto con Alfonso Rueda, Pepa Pardo e Pablo Fernández, porque "queremos que sientan nuestro apoyo y que sepan que pueden contar con nosotros".
"Los trabajadores están luchando por sus empleos, cualquiera que estuviese en su misma situación haría exactamente lo mismo", engadiu Domínguez, que sinalou que "no quiero una fiesta del BNG de Lores porque cierre Ence" senón que os empregados da pasteira "mantengan aquí su empleo".
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez quere abrir Pontevedra á ría cun proxecto de 9 millóns de euros
Por Nacho Fuentes & Anxo Lourido |
-
Alfonso Rueda: "No nos gusta el emplazamiento pero no hay una alternativa a Ence"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Núñez Feijóo acompaña a Rafa Domínguez nun improvisado paseo por Pontevedra
Por Redacción |
-
Máis de medio millar de traballadores de ENCE concéntranse ante a sede do PSOE en Madrid
Por Anxo Lourido |
-
Ence atribúe ao Goberno estatal un modo de actuar "propio dun réxime bolivariano"
Por Natalia Puga |
-
ENCE recoñece estar nunha posición "menos sólida" ao non ter a defensa do Estado
Por Redacción |