Veciños e comerciantes acordan iniciar "canto antes" a reforma de Echegaray
Por Alejandro Espiño
A finais de maio ou principios de xuño. É a data na que finalmente comezará a reforma da rúa Echegaray, un proxecto valorado en 696.000 euros que asumirá a empresa Viaqua, xestora do servizo de abastecemento de auga e saneamento, como parte do novo contrato.
O Concello era partidario de retrasar o seu inicio ata despois das festas de verán, pero a asemblea veciñal considerou que a mellor opción era comezar as obras "canto antes".
No encontro, no que participaron os concelleiros Demetrio Gómez e Raimundo González coa asemblea, tamén se chegou ao acordo de realizar os traballos de xeito secuencial, é dicir, iniciar primeiro por unha marxe e, ao rematar, continuar coa seguinte.
Os veciños e os comerciantes tamén decidiron manter dúas liñas de estacionamento, unha a cada marxe da rúa, en liña e de servizos.
Durante os traballos manterase o acceso aos veciños para os garaxes e tamén para servizos, agás necesidades moi puntuais da obra. De cara ás festas de verán, a previsión é que se suspendan os traballos que, en total, teñen un prazo de execución de seis meses.
O proxecto contempla cambiar a rede de saneamento por ambos lados, a rede de augas pluviais e a canalización eléctrica. A reforma en superficie segue os mesmos estándares que o resto da cidade e ampliaranse as beirarrúas ata os 1.804 metros cadrados, mentres que os estacionamentos e a calzada ocuparán 1.634 metros cadrados.
As obras comezarán unha vez que Viaqua teña contratada a empresa e xestionados todos os trámites administrativos previos.
Relacionadas:
-
A reforma de Echegaray permite, segundo o alcalde, corrixir unha rúa "mal dimensionada"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
As obras de reforma da rúa Echegaray comezarán o próximo luns
Por Alejandro Espiño |
-
Todo Mourente terá auga da traída antes de dous anos
Por Alejandro Espiño |
-
Viaqua renovará as tubaxes de abastecemento de auga a Marín polas Corbaceiras
Por Alejandro Espiño |
-
Os veciños de Echegaray decidirán o inicio das obras de reforma da rúa
Por Alejandro Espiño |
-
Echegaray renovará o seu aspecto tras o cambio das redes de auga e saneamento
Por Alejandro Espiño |