Os candidatos socialistas reúnense co sector marítimo pesqueiro e as comunidades de montes
Por Redacción
Coñecer os problemas e preocupacións do sector marítimo pesqueiro da ría de Arousa foi o obxectivo da reunión celebrada este martes en Vilanova de Arousa entre representantes do Partido Socialista e a Confraría de Vilanova.
Entre os asuntos para tratar atopábanse temas como as cotas da seguridade social ou os residuos xerados pola pesca extractiva.
No encontro os candidatos socialistas ao Congreso, Guillermo Meijón e Jorge María, e ao Senado, Modesto Pose, comprometéronse a "trasladar ás diferentes administracións e ao próximo goberno estas preocupacións e particularidades do sector extractivo", explicou Pose.
Ademais "constatamos o total abandono por parte da Xunta no que sente o sector marítimo pesqueiro da comarca", reiterou Meijón.
Os tres candidatos, xunto á súa compañeira Margarita Adrio, protagonizaron despois en Barro outro acto con representantes das comunidades de montes do municipio, ao que acudiron as asociacións de Curro, Barro, Valiñas, Agudelo, Perdecai e Portela, así como varios colectivos veciñais como a Plataforma PO-531.
A reunión serviu para poñer sobre a mesa a situación das diferentes parroquias en relación coas infraestruturas que as cruzan.