Ethel Vázquez confirma que en abril vai avanzarse nas expropiacións para a segunda fase da mellora da PO-234
Por Redacción
Ethel Vázquez, a conselleira de Infraestruturas visitaba este martes o Concello de Cerdedo-Cotobade para revisar as obras que se están executando e analizar as propostas do equipo de goberno local.
Recentemente comezaron as obras na parroquia de Tenorio para atender as demandas veciñais de saneamento na zona. Segundo explicaba Vázquez a idea é acometer unha rede de colectores para augas fecais ademais de instalar unha estación depuradora de augas residuais na parroquia, acompañadas de dous bombeos en Covas e Lérez.
A conselleira indicou tamén ao presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela que se está abordando a fase final dos traballos de mellora da seguridade viaria da estrada PO-230, entre Serrapio e Vichocuntín. Estendeuse a capa de rodaxe por este tramo e unicamente resta a instalación das sinalizacións e os retoques finais.
Ademais, Jorge Cubela trasladou á conselleira a petición para estudar a execución dunha senda na zona das Lagoas. Esta proposta súmase tamén ao proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-234, unha vez que se execute o tramo polo municipio de Cerdedo-Cotobade, entre Aguasantas e Portasouto. Os propietarios dos terreos para executar a segunda fase de intervención entre Ponte Caldelas e Laxoso están convocados esta semana para o levantamento das actas previas á ocupación, paso previo ao pago de depósitos para comezar os traballos nesta estrada.
Relacionadas:
-
A Xunta inicia a segunda fase das obras na estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
Prevén iniciar en setembro a reforma da PO-234 entre Ponte Caldelas e Laxoso
Por Redacción |
-
O levantamento topográfico na PO-234 anticipa o comezo dunhas obras longamente demandadas
Por Redacción |
-
Reapertura ao tráfico na PO-230 Serrapio-Vichocuntín este sábado tras 45 días en obras
Por |
-
A Xunta pecha a partir do mércores o tráfico na estrada entre Serrapio e Vichocuntín
Por Redacción |