Andrés Díaz presenta a candidatura do PSOE para gobernar Ponte Caldelas
Por Redacción
A candidatura de Andrés Díaz á Alcaldía de Ponte Caldelas foi presentada este domingo nun acto público celebrado na Casa da Cultura. Unha listaxe cremalleira que combina a continuidade do actual equipo municipal do PSdeG-PSOE coa renovación que chega coa entrada de caras novas.
Ademais integra, en calidade de independente, o actual concelleiro da Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas (AVP), José Manuel Martínez.
A candidatura está encabezada por Andrés Díaz Sobral (Anceu, 43 anos). O número 2 seguirá a ser Pilar Couto Seoane (Xustáns, 39 anos). No número 3 entra José Manuel Martínez Iglesias (A Reigosa, 52 anos). No número 4 incorpórase Leticia Rocha Muñiz (Caldelas, 26 anos). No 5 continúa o actual concelleiro Enrique Vidal Tellado (Silvoso, 41 anos). No posto número 6 entra Aurora Garrido Peso (Regodobargo, 49 anos) e no 7 faino José Manuel Garrido Parada (Chaín, 60 anos).
O número 8 incorpora a Inés Garrido Cabanelas (Barbudo, 39 anos), o 9 a Manuel Ramiro Martínez Corbacho (Pazos, 70 anos) e o 10 a Maica Juncal Santos (Caldelas, 35 anos). O número 11 corresponde a Alejandro Oubiña Mariño (Vilarchán, 47 anos), o 12 a Alba Rodríguez Bordóns (Caldelas, 23 anos) e o 13, pechando a lista é para Alfonso Couto Ogando (Caldelas, 46 anos). Os suplentes son Lorena Peso Paleo (Tourón, 27 anos), Ismael Lorenzo Santoro (Silvoso, 27 anos), Soledad Cortegoso Couto (Xustáns, 62 anos), Christian Díaz González (Anceu, 22 anos), Emilio Vaqueiro da Costa (A Insua, 71 anos) e Vanesa Carballude Martínez (Baltar, 37 anos).
Andrés Díaz subliña o equilibrio da candidatura, non só entre homes e mulleres, senón tamén en representación territorial dos distintos pobos de Ponte Caldelas e mesmo en idades. Ademais, cualifica como "fichaxes" moi importantes a entrada de Leticia Rocha, Aurora Garrido, José Manuel Garrido, Inés Garrido, Ramiro Martínez e Maica Juncal nos 10 primeiros postos. "Todas as persoas da miña candidatura son de gran valía e gozan do recoñecemento dos seus conveciños", afirma.
O actual alcalde caldelán culminou con esta presentación no centro urbano unha xira polo rural na que durante un mes completo informou polo miudo do traballo feito nos últimos catro anos e dos proxectos que aspira a desenvolver nos próximos catro.
Máis dun milleiro de persoas asistiron a estas charlas que os socialistas valoran coma un "auténtico éxito de afluencia e cunha inxección de optimismo para a cita electoral do próximo 26 de maio".