Miguel Lema encabezará a candidatura da plataforma veciñal 'Ser de Marín' para as eleccións municipais
Por Redacción
A plataforma veciñal 'Ser de Marín' organizou este sábado unha festa popular ao aire libre na praza 8 de marzo para presentar ás 21 persoas que compoñen a candidatura coa que se presentan ás eleccións municipais do próximo 26 de maio.
A candidatura estará liderada por Miguel Ángel Lema Couso e está integrada por persoas que comparten o seu arraigo a Marín e a súa implicación en actividades sociais, culturais, deportivas ou asociacionistas.
Ademais, desde 'Ser de Marín' destacan que os integrantes "teñen demostrado saber achegar a súa experiencia para poñela ao servizo dos demais". Precisamente, esta plataforma veciñal destaca que suman todos eses valores co obxectivo de "traballar para devolver a Marín o status e lugar que lle corresponde, e que foi perdendo ao longo das últimas décadas".
Para logralo, levarán a cabo un Plan de Acción Municipal, instrumento estratéxico de planificación e acción de goberno, que establece as liñas prioritarias e actuacións concretas que a plataforma veciñal pretende xestionar e desenvolver.
O acto estivo dirixido por Alfonso Fernández e Sara Abad, integrantes da candidatura que leron o manifesto cos principios da plataforma, e contou coa actuación do grupo musical Art&Maña, que interpretou por primeira vez o seu tema 'Marín ao lonxe', composto por Andrés Pena. Tomaron a palabra tamén Miguel Lema e Pilar Blanco, números un e dos respectivamente.
A candidatura completa é a seguinte:
- Miguel Ángel Lema Couso
- María del Pilar Blanco López
- Alfonso Fernández Pose
- María del Puerto Pérez Rosales
- David Mayo Martínez
- Sara Abad Fariña
- Luis Francisco Portas Salazar
- Amparo Omil González
- José Antonio Pérez Santiago
- Josefa Pérez Rodríguez
- José Manuel Pesqueira Rapalo
- Isabel Aguete Soage
- Xulio Xosé de Santiago Fernández
- Andrea Barreiro Seoane
- José Pintos Rosales
- María de los Dolores González González
- José Enrique Torres Pousada
- María del Carmen Castro Juncal
- José Manuel Martínez Omil
- Rosa Soage Pintos
- Salvador Epifanio Rey