Marín amplía a rede de subministración de auga na zona da Raña
Por Redacción
O Concello de Marín comezou durante os últimos días as obras de ampliación da rede de subministración de auga potable na zona da Raña.
Segundo informou este xoves a alcaldesa, María Ramallo, estas obras son a resposta municipal a unha reclamación feita pola veciñanza, que aínda estando preto do casco urbano, non dispoñía deste servizo tan necesario e tan demandado.
A veciñanza da zona da Raña trasladou estas peticións nas reunións mantidas cos representantes da concellería de Servizos e Obras.