Este Xoves Santo ábrese a zona de xogos infantiles do Parque Eguren
Por Oskar Viéitez
Este Xoves Santo ábrese a zona infantil do Parque Eguren despois dunha renovación integral acometida polo Concello de Marín que a dotou de novos equipamentos triplicando a área de xogos.
Esta renovación dotou de máis seguridade a este espazo, facéndoo cómodo e agradable, xa que os anteriores xogos do parque Eguren, quedaran desfasados tanto polas súas dimensións como pola tipoloxía e calidade.
Na remodelación cambiouse todo o chan e a barandilla.
Este mércores fixéronse as probas de certificación do parque, comprobando a seguridade e verificando a correcta instalación dos novos xogos.
O Parque pasou de ter 112 metros cadrados a máis de 300, cun orzamento total de 161.472,08 euros.