Xuntos por Sanxenxo presenta a candidatura coa que debutará nas eleccións locais
Por Redacción
Xuntos por Sanxenxo (XxS) concorrerá ás eleccións de maio cun obxectivo: "traballar para que os intereses de todas e todos os veciños sexan o primeiro". Así o asegurou a presidenta da agrupación política, Catalina González, no Miradoiro de As Canteiras, en Noalla, durante a presentación da lista coa que participarán por primeira vez nos comicios municipais.
"Son un equipo de persoas con moita ilusión e ganas de achegar a súa experiencia persoal á vida municipal", comentou a exalcaldesa de Sanxenxo sobre os compañeiros cos que aspira a formar o próximo Goberno local.
"Queremos un desenvolvemento ordenado e sustentable para o noso municipio e iso é a nosa prioridade porque, ademais, afecta ás demais áreas de actuación como son o turismo, o medio ambiente, o urbanismo, a cultura e o patrimonio, ente outros", apuntou Catalina González.
Despois de Catalina González conforman esta candidatura José Manuel Rodiño Seijo (2), Jorge Pérez Domínguez (3), Sonia Rivas Fontán (4), Martín Castro Pita (5), José Ángel Casas Penas (6), Miguel Montes Vidal (7), Paula Ferreira Pintos (8) Lorena Iglesias Alfonsín (9), Jose María Dezagoire (10), Doris Adriana Chan Romero (11), Wilmer Urbaneja Urbaneja (12), Olga Domínguez Rodríguez (13), Mariela Vecino (14), María Pía Vecino Márquez (15), Pablo Vecino Rimoldi (16) y Rosario González Vidal (17).