Cuntis arranxa o colexio Don Aurelio durante o parón escolar de Semana Santa
Por Redacción
O goberno local do Concello de Cuntis acometerá labores de mantemento no colexio Don Aurelio aproveitando o parón na actividade lectiva con motivo das vacacións de Semana Santa.
Estas obras foron solicitadas pola dirección do centro e teñen como obxectivo mellorar as instalacións e tamén a mobilidade na contorna do colexio.
Durante estes días os operarios municipais levaron a cabo o pintado dunha das aulas do Don Aurelio e no exterior arrombaron unha parcela anexa ao edificio que funcionará como aparcadoiro disuasorio para un máximo de vinte coches.
As novas prazas de estacionamento eran moi demandadas pola comunidade educativa e facilitarán a mobilidade á hora de entrada e saída do centro.