Premio ás boas prácticas da policía local pontevedresa Chabely Díaz
Por Oskar Viéitez
A Asociación Profesional "Unión Galega de Policías Locais de Galicia" (UGPOL), recoñeceu o "gran labor" que ven facendo unha axente da Policía Local de Pontevedra. Trátase de Chabely Díaz, que este mesmo ano recibiu o galardón ás "Iniciativas e Boas Prácticas na Protección dos Animais", en concreto polo seu labor neste eido e a súa implicación persoal e fomento do respeto aos animais.
Ademáis os seus compañeiros recoñeceron a súa capacidade de creación e impulso de campañas e programas divulgativos da empatía hacia os animais, segundo informou o voceiro de UGPOL, Diego Díaz.
Chabely Díaz incorporouse no ano 2015 á Policía Local de Pontevedra. Foi unha das primeiras mulleres en Galicia en obter o título de monitora de tiro.