Bueu reclama que o cupo de visitantes a Ons non se aplique a residentes e as súas familias
Por Redacción
Os veciños que residen na illa de Ons expresaron a súa preocupación polo cupo de visitantes que se vai a impoñer este verán. Non polo feito de que exista senón porque, segundo lles trasladan as autoridades, tamén se lles aplicará a eles e os seus familiares.
O Concello, a este respecto, remitiu un escrito dirixido a Ana Belén do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, no que solicita que se reconsidere a decisión de aplicar as restricións do cupo de visitantes ás familias de Ons e ao seu entorno.
Esta petición acordouse na reunión mantida o pasado venres cos habitantes da illa, na que o goberno local mostrou todo o apoio ás súas demandas e explicou os pasos dados desde o Concello de Bueu con respecto á illa de Ons.
A reunión, na que estiveron presentes outros edís municipais, convocouse debido á preocupación xeneralizada por parte da veciñanza pola aplicación do cupo e ante a xuntanza mantida entre a dirección xeral, o parque nacional e un grupo reducido de persoas hai dúas semanas.
Juncal recorda no escrito algunhas das últimas iniciativas do Concello, como a reunión de comezos do pasado ano na que a directora xeral se comprometera a que o entorno familiar, non só a familia directa, quedase exento do cupo xeral de visitantes diario.
Ademais, tampouco respondeu ao escrito de alegacións nin á solicitude de reunión para aclarar a xestión do cupo e do plan reitor de usos e xestión do parque.
Relacionadas:
-
Os concesionarios de Ons deberán concretar o número de familiares aos que queren estender o acceso á illa
Por Redacción |
-
A veciñanza da Illa de Ons reivindica ante a Xunta o seu dereito a acceder libremente ás súas vivendas
Por Oskar Viéitez |
-
Todos os partidos políticos de Bueu secundan unha moción para reivindicar o libre acceso da veciñanza á Illa de Ons
Por Redacción |
-
O control nas illas Cíes dispara o número de visitas en Ons
Por Redacción |