Paolo Vasile, en Pontevedra: "¿Telebasura? A los que hablan mal de nosotros les encantaría hacer esta televisión"
"Si habéis elegido esta profesión, habéis acertado", dicía Paolo Vasile, conselleiro delegado de Mediaset España, nada máis comezar a súa conferencia. Un comentario acompañado de dous consellos para os futuros profesionais. Que non opten por este traballo "si no tenéis vocación" e, sobre todo, que os que dean este paso estean dispostos a ofrecer unha disponibilidade total. "La puerta de la televisión no tiene llave, no nos apagamos nunca", explicou.
Acompañado do director de contidos de Mediaset España, Manuel Villanueva, durante máis de hora e media, Paolo Vasile compartiu cos estudantes de Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual a súa visión sobre o mercado televisivo e as súas perspectivas de futuro. Neste sentido sinalou que "una televisión no puede ir bien en un país que va mal", pero recoñeceu que é un medio que está "más vivo que nunca".
"Este es un momento complicado para todos, especialmente para empresas como la nuestra que depende del consumo y, por lo tanto, de la publicidad", afirmou o conselleiro delegado de Mediaset. Asegurou que superar esta actual crise económica "será una travesía dura porque no sabemos lo grande que será", pero mostrouse confiado en que quen traballa en televisión "si lo hace bien, tendrá futuro".
Tamén tivo tempo Paolo Vasile para dar a súa visión sobre as sucesivas polémicas que xorden con respecto á programación de Telecinco. Neste sentido, explicou que programas tan criticados como Sálvame, Hay una cosa que te quiero decir, Gran Hermano ou Crónicas Marcianas no seu momento, "son también líderes de audiencia" e afirmou que "me aburre" que cualifiquen como 'telebasura' á súa oferta televisiva.
"Me parece una falta de fantasía, deberían de inventar algún término nuevo, incluso despectivo, me da igual", bromeou Vasile. Moito máis serio sinalou que "los que hablan de nosotros así no hacen televisión, hablan mal porque les encantaría hacerlo", e afirmou que falar de 'telebasura' "es ofensivo para el público, ya que les están diciendo a todos los que nos ven que son enfermos de mente".
E outra pregunta estaba cantada. Ve vostede moita televisión? "La veo todo el día", contestaba un sorrinte Vasile. A súa e a da competencia. "Tengo en despacho lleno de pantallas", explicou. E que pensa da televisión pública?, preguntaba un alumno. E aí púxose máis serio. "Me miran como un bicho raro cuando digo estoy, pero yo soy defensor de la televisión pública", dixo, pero cun matiz. "RTVE no necesita más dinero, necesita gastar menos".
Con respecto a RTVE, Vasile explicou que a volta da publicidade faría un "daño terrible" a todo o sector e apostou por redefinir o seu modelo cara a unha televisión de servizo público."No puede ser que se maten por emitir la Champions, lo único que hacen es inflar los precios". Dereitos que, a pesar do prezo, interesan a Mediaset porque "más allá de la rentabilidad directa, si no los tienes tú los tiene otro y facturas menos que en condiciones normales".
"Tengo el honor de que se hayan metido conmigo todos los jefes de Estado, uno incluso me dijo que me iba a atropellar con su coche"
O directivo italiano tamén falou sobre a súa relación cos Gobernos cos que conviviu nos quince anos que leva en España, "tengo el honor de que se hayan metido conmigo todos los jefes de Estado, uno incluso me dijo que me iba a atropellar con su coche", ou dos cambios tecnolóxicos na televisión. "Vivimos una revolución permanente, pero si uno está en casa y ve la televisión en un smartphone, que vaya al médico a hacérselo ver".
O momento máis distendido da conferencia de Paolo Vasile chegou cando un alumno preguntáballe como facer chegar a Telecinco unha idea para un programa. "Mándalo a pvasile@telecinco.es", díxolle ao sorprendido raparigo. "Si crees que no te voy a contestar, inténtalo". Aínda que un dos seus compañeiros, desconfiado, preguntoulle polo risco de que lle copiasen a idea ao facelo. "Pues no me lo mandes", contestou. "Si nos mandáis una idea, tened en cuanta que la base de toda relación es la confianza".
CONVENIO COA UNIVERSIDADE DE VIGO
Paolo Vasile aproveitou a súa visita a Pontevedra para asinar un convenio entre Mediaset España e a Universidade de Vigo para que os alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra poidan realizar as súas prácticas profesionais nalgún das canles do grupo e poidan ver, desde dentro, como funciona unha cadea de televisión como Telecinco ou Cuatro.
Será principalmente en Madrid, onde Mediaset ten dúas grandes instalacións nas que produce o 96% do que emite Telecinco, canle estrela dun grupo que aglutina tamén Cuatro, Divinity, Boing, FDF, La Siete e Nueve. "Ponemos a disposición de los estudiantes la posibilidad de pasar de la teoría a la práctica y creo que tenemos una organización bastante buena para completar su formación, ya que es una empresa en la que se abordan muchos aspectos de la comunicación", dixo.
Ademais, en virtude deste convenio, profesionais da comunicación de Mediaset tamén impartirán cursos e clases maxistrais no Campus de Pontevedra para dar a coñecer "nuestras experiencias, porque nosotros no somos profesores, somos estudiantes: en la televisión todos los días se aprende algo", concluíu Vasile, que trala conferencia quixo coñecer as instalacións da facultade pontevedresa.
Relacionadas:
-
Paolo Vasile: "Internet no ha matado la TV. Ha alargado su vida. Le ha dado muchas más posibilidades"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Mediaset, editora de Telecinco ou Cuatro, forma futuros profesionais da televisión no campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
De Pontevedra a "Sálvame" ou "Gran Hermano": Paolo Vasile buscará novos talentos no campus
Por Redacción |