Os socialistas apostan por recuperar as Escolas de Covelo
Por Redacción
O Partido Socialista vería con bos ollos recuperar as Escolas de Covelo, unha das reivindicacións defendidas polos veciños da zona.
Así o sinalaron os candidatos e candidatas ao Congreso polo PSOE na provincia nunha visita á Lama, na que participaron Guillermo Meijón e José Antonio García Lores, candidatos ao Congreso, e Margarita Adrio, candidata ao Senado.
"Pareceríanos totalmente interesante que este patrimonio puidésese recuperar" afirmou Meijón ao tratarse dun patrimonio que "calquera concello pelexaríase por telo e que desgraciadamente está totalmente depauperado", denunciou.
A aposta de vos socialistas pasa ademais por acometer unha reconversión que inclúa tamén a leira na que se atopan especies únicas traídas doutras partes do mundo por Manuel Cabanelas, veciño da parroquia emigrado na Guerra Civil e fundador das Escolas.