Renovación para a pasarela de madeira sobre o río Gallo en Cuntis
Por Redacción
A vella pasarela de madeira que cruza o río Gallo á altura do balneario de Cuntis ten os días contados.
O Concello acaba de recibir unha subvención provincial para cambialo tras un ano pechado ao paso ao paso das persoas polo deteriorado do seu estado. Esta axuda, incluída dentro do Plan Concellos da Deputación, ascende a 46.245 euros.
O comezo das obras está pendente agora da autorización de Patrimonio e Augas de Galicia, aínda que desde o goberno local confían en poder reabrir a ponte, xa renovada, antes do verán.
O proxecto non só inclúe a reposición da ponte danada, no resto de pasarelas que cruzan o río tamén levarán a cabo labores de mantemento para asegurar as estruturas e garantir o seu bo estado e seguridade para os próximos anos.
Mentres non se desbloquean os trámites administrativos, operarios municipais empezarán a próxima semana a retirar as madeiras e deixarán soamente as bigas para facilitar despois a instalación da nova pasarela.