Investigan se o sistema de autopilotado dun Tesla está detrás dun accidente con dúas feridas leves en Poio
Por Diego Espiño
Dúas mulleres resultaron feridas, en principio de prognóstico leve, este sábado nun accidente de circulación ocorrido na estrada PO-308 ao seu paso pola parroquia de San Xoán de Poio.
En concreto o suceso tivo lugar pouco despois das 12:30 horas do mediodía á altura do viario que sobe cara ao Concello e o Mosteiro, cando o vehículo no que viaxaban, un coche eléctrico da marca Tesla, saíu da vía impactando con outro turismo que estaba aparcado.
A Policía Local investiga agora as causas e se detrás do mesmo atópase o sistema electrónico de autopilotado co que conta o coche.
"Non se descarta algún fallo" neste sistema, sinalaron, aínda que "faltan datos" polo momento para confirmar se esta é a causa do accidente.
As dúas mulleres que viaxaban a bordo do Tesla, condutora e acompañante, foron trasladadas en ambulancia ao Hospital de Montecelo.