Unha delegación do goberno de Alxeria visita o Porto de Marín
Por Redacción
Un grupo de funcionarios da administración pesqueira de Alxeria foron recibidos este venres na Autoridade Portuaria para solicitar información sobre a xestión en materia de pesca que fai o Porto de Marín.
Os funcionarios participaban nun proxecto co CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar) e mostraron o seu interese pola cadea de valor dos produtos pesqueiros, así como pola variedade de actividades que se desenvolven ao redor deste sector no porto.
Ademais foron informados de proxectos promovidos polos GALP da Ría, como o de pescadoartesanal.com como plataforma comercializadora online, complementaria das lonxas da contorna.
A delegación alxerina visitou a lonxa do porto así como a planta frigorífica Rosa dos Ventos. Esta visita é continuación da realizada a semana pasada ao Porto por un grupo de pescadores artesanais alxerinos para profundar en temas de cooperación pesqueira.