RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Onde está a maior colección persoal de videoxogos?
Por Redacción
Antonio Monteiro, de onde será, ou polo menos de onde é cidadán?. Non imos a dar a resposta, por suposto, terás que escoitar este episodio do podcast 'A gruta de Gizamaluke', para saber quen é a persoa coa maior colección de videoxogos en formato físico do mundo. Iso si, adiantámosche que dispón de 20.139 títulos. Guinness World Record necesitou máis dunha semana para certificalo.
Además entre outras cuestións da actualidade dos videoxogos fálase de títulos como 'Final Fantasy VII', 'Red Dead Redemption 2', 'Super Meat Boy Forever', 'Fallout 76' ou 'Octopath Traveler'. Ademáis falan tamén de Netflix e o documental 'Playing Hard' que narra oproceso creativo deste videoxogo.
Para a sección A que estamos a xogar? Carlos Pereiro, Sara Orozco e Juan Sanmartín contan en que están a investir as súas últimas horas de pantallas. Por exemplo, Carlos Pereiro fala de 'Tropico 6', a última entrega da popular saga de estratexia e xestión política. Pola súa banda, Sara Orozco dedícase a 'Skyrim', a quinta entrega de acción e fantasía da serie 'The Elder Scrolls'. E Juan Sanmartín decántase por ' Dishonored', isto é, a acción e aventura.
Para completar, o debate desta semana mira a BioWare, a firma canadense que desde medidados dos 90 dedícase ao desenvolvemento de videoxogos. A pesar de subir importantes chanzos no desenvolvemento de títulos de rol occidental para PC, outros fracasos comerciais e noticias internas que foron transcendendo, están a facer cuestionar a súa pervivencia.
Relacionadas:
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke recolle varios lanzamentos da industria do videoxogo
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: 'Star Wars: Jedi Fallen Order' sairá este 2019
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke xoga ao lanzamento do ano en Steam 'Sekiro: Shadows Die Twice'
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Devil May Cry 5', o xénero hack & slash faise oco en A Gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
O Concello vería "fantástico" unha titulación sobre videoxogos no campus e ofrece a súa colaboración
Por Alejandro Espiño |