Telmo Martín presenta o proxecto de humanización do vial de acceso a Cachada e O Santo
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, explicará este luns en Nantes nunha xuntanza aberta á veciñanza o proxecto de humanización do vial de acceso a Cachada e O Santo.
O vial completo é A Capela O Santo- A Vichona e ten unha lonxitude de 856 metros.
As obras de mellora están divididas en tres tramos, o primeiro, de 140 metros vai dende a Capela; o segundo tramo, dende o cruceiro do Santo á Cachada, afecta a 10 parcelas particulares e ten 456 metros e o terceiro chega ata a Vichona (260 m) e afecta a seis parcelas.
Entre outras reformas dotarase a este vial dunha nova rede de augas pluviais, nova rede de alumeado e telecomunicacións, cubre contenedores para reducir impacto visual, marquesiña de autobús de aluminio e policarbonato, bancos, papeleiras e 11 farois, ademáis de novos sinais de tráfico e bolardos.
O vial terá un pavimento de calzada en pedra de 6 centímetros de grosor. Novo arborado: 1 cedro, 2 olivos e 1 teixo. E dous proxectores empotrados no chan para iluminar a capela.
No núcleo A Cachada instalarase lastro de formigón para diferenciar a zona peonil. A velocidade estará limitada a 20 km/hora.
No treito entre A Cachada e A Vichona o vial ten 13 metros de ancho e habilitaranse dous carriles de circulación, unha zona de aparcadoiro, e beirarrúas de dous metros en ambos lados, de pedra.
A inversión prevista é de 872.866 euros.