
© Concello de Pontevedra
Do you speak english? A hostalería pontevedresa prepárase para os Mundiais de tríatlon

Por Redacción

© Concello de Pontevedra
Para evitar problemas de entendemento ante a visita de deportistas e múltiples visitantes estranxeiros que visitarán Pontevedra durante as vindeiras semanas con motivo da celebración dos Mundiais de Tríatlon, a concellería de Promoción da Cidade e a de Deportes organizaron uns cursos de formación de inglés para empresarios da hostalería e hotelería que queiran mellorar o seu nivel nesta lingua.
Entre o 27 de abril e o 4 de maio agárdase a chegada de máis de 4.000 deportistas de diversas nacionalidades, que prioritariamente empregarán o inglés para se comunicar durante o ITU Multisport Festival.
Os cursos impártense na Casa da Luz en horarios de mañá e de tarde. Polo dagora, está anotado persoal de 21 establecementos do municipio.
Son clases de carácter intensivo para proporcionar nocións básica de comunicación en relación á actividade comercial que desenvolven.
Relacionadas:
-
A "mellor Semana Santa dos últimos anos" e os mundiais de tríatlon enchen as vivendas turísticas pontevedresas
Por Redacción |
-
O Concello asegura ás praceiras o acceso ao Mercado de Abastos durante a celebración do Tríatlon
Por Olaya Madrigal & Nacho Fuentes |
-
Todos a un tempo polo ITU Multisport Festival
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A hostalería da cidade implícase no ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción |
-
O voluntariado do ITU Multisport Festival fórmase en primeiros auxilios
Por Redacción |
-
Pontevedra agarda unha 'invasión' británica durante o ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
Confirmados os horarios definitivos do ITU Multisport Festival de Pontevedra
Por Redacción |