Barro "Preto de ti", lema do socialista José Sanmartín para a campaña das municipais
Por Redacción
O PSOE de Barro presume de ter dado estabilidade ao actual goberno que rexe o Concello, no que José Sanmartín ocupa o papel de tenente de alcalde. O candidato socialista afirma que o grupo que lidera foi solidario, colaborador e respectuoso na defensa dos intereses municipais.
Sanmartín lembra que a xestión socialista permitiu legalizar o mercado de Barro e estableceu un sistema regular e transparente da xestión municipal. Ademais, manifestou que de cara ao futuro quere loitar por unha atención sanitaria de calidade en Barro.
O candidato destacou que o lema para esta campaña será "Preto de ti" e que o a súa listaxe está formada por vinte persoas con compromiso e con principios.
Paula Fernández, vicesecretaria xeral provincial do PSOE, acompañou a José Sanmartín na presentación dos integrantes da candidatura que se presentará aos comicios co obxectivo posto en lograr a alcaldía. A socialista lembrou que desde a chegada de Carmela Silva á presidencia da Deputación investíronse máis de 5 millóns de euros en Barro.