A socialista Diana Pereira presenta a súa candidatura á alcaldía coa intención de mellorar Moraña
Por Redacción
Diana Pereira quere acadar a alcaldía de Moraña e este sábado presentaba a súa candidatura socialista coa idea de promover un proxecto baseado na xestión, o rigor e a eficacia.
Trátase da primeira vez en que Pereira encabeza a listaxe do PSOE, despois de catro anos de experiencia no grupo socialista e dous deles exercendo como voceira durante o último mandato. É veciña de Santa Lucía, nai de familia numerosa e empresaria no sector da cantería.
A presentación, á que asistiron ao redor dun cento de persoas, realizábase no salón de actos da Casa da Cultura ADR Castelao. Afirmou que un dos seus principais obxectivos se sae elexida será apoiar os autónomos e ás pequenas e medianas empresas. Con estas medidas quere frear o despoboamento que sofre Moraña durante os últimos anos.
Ao acto achegábase o secretario xeral provincial do PSOE, David Regades, que sinalou na súa intervención que o PSOE goberna desde a proximidade, desde a humildade e desde o diálogo.