O Concello valora positivamente a xornada do sábado do InfancineMarín
Por Redacción
O Concello de Marín valorou como "todo un éxito" a xornada deste sábado do Festival de Cine InfancineMarín.
A participación dos nenos, e a variedade nas alternativas que se expuxeron fixeron gozar a todos. Tamén as sesións de curtas e o café científico levantaron gran expectación, segundo apunta o Concello. Pola tarde seguieron os talleres de stop motion e dobraxe..
O obxectivo deste festival, segundo os seus organizadores a Asociación Big Ajajaj, é achegar ás nenos obras audiovisuais doutros países e culturas. Ademais de facilitarlles o acceso a produtos que, doutro xeito, resultaríalles moi difícil coñecer.
Tamén se pretende con esta iniciativa abordar temáticas que afecten directamente á infancia e a mocidade, tanto a nivel social como emocional: o descubrir aspectos do mundo desde outra perspectiva, o enfrontarse aos medos de crecer, a fortaleza da amizade, o primeiro encontro coa dor, o reivindicarse como seres cos seus propios dereitos, o respecto ao outro e ás súas diferenzas