Os socialistas presentan as súas candidaturas en Sanxenxo e Meaño
Por Redacción
A agrupación socialista de Sanxenxo respaldou por unanimidade a candidatura que liderará Ainhoa Fervenza ás municipais do vindeiro mes de maio. A asamblea extraordinaria, á que acudiron uns 50 militantes, abordou as diferentes sensibilidades xurdidas nas últimas semanas e que provocaron a dimisión de dous membros da executiva.
No que respecta á lista, Ainhoa Ferveza é a cabeza dun cartel composto nos seus primeiros oito postos por persoas que pertencen ao tecido asociativo do municipio de Sanxenxo: Carlos Dadín Domínguez (2), Marta Caneda Prieto (3), Fernando Otero Montes (4), Ana Belén Laredo Peón (5), Ramón Formoso Pato (6), Juan García Gondar (7) e María del Carmen Sueiro Aspérez (8).
MEAÑO
Tamén a Agrupación Socialista de Meaño ten configurada a súa lista definitiva para as eleccións municipais do 26 de maio. Estará encabezada por Ana Belén García Piñeiro, quen xa formaba parte da candidatura socialista no ano 2015 e que, durante estes catro anos, veu desempeñando tarefas de coordinación en materia de comunicación do PSOE de Meaño.
Como número 2 repite Manuel Radío Oubiña, concelleiro desta agrupación desde 2015. Sandra Martínez Muñiz (3), Marta Prado Fernández (4), Amancio Varela Fernández (5), Josefa Soto Domínguez (6), Icía García Fernández (7) e Fernando Mayo Basdedios (8) completan os primeiros postos.