A Cultural O Torreiro de Forzáns entrega de maneira solidaria 4 toneladas de alimentos
Por Redacción
Socios da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns co apoio de veciños de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes entregaba nas últimas horas ao redor de 4 toneladas de alimentos recolleitos durante a súa última campaña solidaria ao Comedor Social de San Francisco de Pontevedra e a Cáritas de Ponte Caldelas.
A Cultural de Forzáns leva xa 13 anos realizando esta actividade. Durante esta xornada deixaban os alimentos nas dependencias que Cáritas de Ponte Caldelas situadas nas inmediacións da Igrexa de Santa Baia para que sexan doadas a persoas que precisen de atención alimentaria con produtos de primeira necesidade.
O pai prior do Comedor de San Francisco, Gonzalo Diéguez, tamén recollía os alimentos que os voluntarios, encabezados polo coordinador Francisco Lira, trasladaron a estas dependencias nas que se serven preto de 150 comidas diarias a persoas con escasos recursos económicos.