Marín lembra a xesta do ano 1809
Por Redacción
Marín lembrou baixo a choiva a xesta de Juan Gago de Mendoza e as “Alarmas do Morrazo”, coa liberación das tropas francesas no ano 1809.
A alcaldesa e o comandante director da Escola Naval foron os encargados de colocar unha coroa de loureiro no monolito que lembra a efeméride.
Ademais este xoves, no Museo Torres, glosouse este fito histórico e fíxose entrega do premio Liberación 2019 ao Liceo Casino de Marín.
A todos os asistentes entregóuselles un exemplar do cómic de Gago de Mendoza, que tamén se enviará aos alumnos de 6 de primase e da ESO dos centros educativos da vila.