A Audiencia de Pontevedra condena a dez anos de prisión o acusado de violar unha turista
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a dez anos de cárcere o acusado de agredir sexualmente en abril de 2017 en Tui a unha turista asturiana que pasaba a Semana Santa en Galicia e á que coñecera nun bar próximo ao seu hotel.
Tras a violación, a vítima conseguiu fuxir e, para evitar que a alcanzase o sospeitoso, introduciuse nunha lagoa natural desde onde chamou ao 112.
O tribunal tamén lle impuxo o sospeitoso o aboamento dunha indemnización a afectada de 20.000 euros, así como a prohibición de aproximarse e comunicarse con ela por calquera medio durante doce anos.
O tribunal considera acreditado que o imputado conseguiu que a muller se introducise no seu coche co pretexto de levala ao seu hotel, pero, "sen o seu coñecemento nin consentimento ", trasladouna a unha zona "totalmente illada e intransitable", concretamente ao final do viaduto situado encima da N-550, correspondente a unha paraxe boscosa e solitaria cuberta de maleza e árbores situada no termo municipal de Salceda de Caselas.
A Audiencia relata que, unha vez alí, "golpeouna, de forma continuada e incesante na cabeza ata o momento en que quedou inmóbil " e violouna.