Poio proxecta un parque público na antiga finca de Coca-Cola
Por Redacción
O Concello de Poio proxecta un parque público na finca de Coca-Cola, o solar da Caeira que albergou a antiga nave de Begano.
O pasado mes de xuño o pleno municipal aprobo o desenvolvemento urbanístico da parcela, pero todo depende da iniciativa privada.
Así, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, explicou que están á espera de que o Banco Santander, actual propietario dos terreos, presente o plan de urbanización que contempla a creación dun centenar de vivendas e inclúe a cesión dun terreo ao Concello para ser destinado a zona verde.
A idea do goberno local é que este espazo cedido conte cunha praza central, un viario que o articule, parque de xogos e zona de aparcadoiro.