Un novo miradoiro completa o acondicionamento do Peñón de Marín
Por Redacción
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada de varios concelleiros, visitou este mércores a rúa do Forte para agradecer ao paisaxista Jose Souto e ao seu equipo, o traballo realizado na posta en valor do Peñón.
María Ramallo destacou que os traballos de mellora e humanización dun espazo urbano "que non estaba a ser aproveitado e que presentaba un aspecto que degradaba a zona, locen hoxe un excelente traballo de paisaxismo" coa rehabilitación do terreo situado entre a gasolineira e a rúa Tiro Naval.
Este novo espazo, ten varios niveis, na parte alta está o miradoiro no que se pode ver unhas fotografías nos paneis que mostran a historia de Marín desta zona e onde se pode apreciar que no século pasado chegaba ata aí o mar, polo que a zona queda integrada nunha contorna que respecta o pasado cunha visión ao futuro.
A obra foi realizada polo marinense José Souto, da empresa Innova Paisajes, responsable das actuacións nos xardíns da Praza da Capirota, a rotonda do Farol da Praza de España, e a rotonda das Áncoras na rúa Carballiño, trátase dun profesional que é requirido para moitos traballos, así como gañador de varios premios nacionais e internacionais.